Wednesday 15 de May de 2024

O Concello de Touro organiza unha viaxe o 19 de xullo para descubrir o Ulla, Sar e Mar de Arousa


O Concello de Touro organiza unha viaxe o próximo 19 de xullo para descubrir os encantos do Ulla, Sar e Mar de Arousa. Todos os veciños e veciñas póden apuntarse ata o próximo 15 de xullo na sede do Concello de Touro, en Fonte Díaz, ou nos seguintes teléfonos: 981.81.45.66 ou 981.50.40.29. O viaxe está aberta a toda a poboación de Touro e os nenos e nenas que queiran ir deberán ir acompañados dun adulto. A viaxe comenzará ás 8.30 horas dende o Concello e os viaxeiros coñecerán a Fundación Rosalía de Castro, visitarán a Fundación Camilo José Cela e tamén disfrutarán dunha tarde de praia. A volta está prevista para as 21.30 horas.